Dous positivos na residencia de maiores de Ribeira tras recibir a primeira dose da vacina. A morte de 6 persoas eleva a 1.427 as vítimas en Galicia

06 Xaneiro 2021


Resiencia de Maiores de Ribeira

Política Social confirmou hoxe a existencia de dous contaxios na residencia de Ribeira, onde usuarios e traballadores recibiron a primeira dose do antídoto a semana pasada.
Os casos confirmados neste momento afectan a un empregado da residencia de Ribeira e a un usuario, o primeiro desde o inicio da pandemia. Ata o de agora, rexistrouse outro caso entre o persoal de traballadores do centro de maiores de Noia, pero ningún entre os residentes nos recintos radicados na comarca. Na xornada de onte realizouse un cribado nas instalacións ribeirenses, así que non se descarta que poida aparecer algún outro positivo.

Por outra banda Sanidade informa da morte de seis persoas coa covid-19, unha delas relacionada con residencias, na xornada do martes en Galicia o que elevou as vítimas da pandemia en Galicia a un total de 1.427.

Entre as víctimas estaba un home de 82 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

Outros artigos

Aguiño segue en loita para cubrir as baixas na atención sanitaria 

A contorna do Centro de Saúde de Aguiño volveu ser escenario este venres dunha nova mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e pola veciñanza de Aguiño para reclamar "unha atención sanitaria digna e a cobertura de todo o persoal necesario...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.