Ribeira prevé dedicar 262.000 euros á atención domicilaria a persoas dependentes

31 Xaneiro 2021

O CONCELLO DE RIBEIRA PREVÉ DEDICAR 262.000 EUROS DO POS PROVINCIAL A AMPLIAR A ATENCIÓN DOMICILIARIA A PERSOAS DEPENDENTES.

Aparte de destinar 721.467,51 euros a obras e 102.721.467,51 euros á redución de débeda, o Concello de Ribeira tamén inclúe no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (punto
que será sometido á consideración do pleno este martes) un total de
262.161,95 euros para á ampliación do servizo do fogar no municipio.
En concreto, esta contía adscríbese ao POS+ Adicional 1/2021, que,
de acordo co punto 12 das súas bases reguladoras, contempla unha
achega para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19
en materia de servizos sociais.
De saír aprobado, este aumento permitiría dedicar case un millón de
euros ao servizo de atención domiciliaria de persoas dependentes, ao
incorporar a devandita asignación do POS Social a outras contías
procedentes das aportacións da Xunta, gastos municipais e ingresos
por prezo público.
Cómpre lembrar que no apartado de obras o POS tamén contempla
actuacións en todas as parroquias: pavimentación, saneamento e
abastecemento en Braña do Muro (Aguiño), instalación de
saneamento e abastecemento no lugar de Lombas (Palmeira),
pavimentación, pluviais e saneamento nas rúas Chaprado e Ceboleira
(Corrubedo), instalación de rede de saneamento con pozo de bombeo
no lugar de Canabeiro (Oleiros), rede de pluviais en Outeiro (Artes),
pavimentación e renovación das redes de auga potable e pluviais na
rúa Luis Pimentel (Aguiño), pavimentación, pluviais e saneamento na
rúa da Chouza (Castiñeiras), saneamento, pavimentación e
abastecemento no lugar de Frións (Carreira), pavimentación da rúa
Rosalía de Castro dende o cruce de Marcial del Adalid ata o cruce da
rúa Irmandiños (Ribeira) e saneamento no lugar de A Cucheriza
(Olveira).

E como POS complementario: pavimentación e rede de pluviais
dende a igrexa parroquial de Artes ata o Museo do Gravado (Artes),
ampliación e renovación do parque infantil de Pedra Pateira (Ribeira),
instalación de rede de saneamento e abastecemento no lugar de
Sampedro (Palmeira), pavimentación do camiño Vilar-Vixán (Carreira)
e pavimentación e renovación da rede de auga potable e pluviais na
rúa Celso Emilio Ferreiro (Aguiño).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.