Rematan as obras na escola da Angustia, na Pobra do Caramiñal

05 Xaneiro 2021

A concellería de Educación da Pobra do Caramiñal, dirixido pola edil Genoveva Hermo, informou do remate das obras na escola da Angustia, que incluían a mellora e o acondicionamento das aulas situadas na planta baixa da escola da educación infantil.

A obra, encargada á empresa CYS Hispania S.L., consistiu en colocar un illamento térmico no perímetro da edificación e instaurar un tradosado con cartón-xeso, ademais de renovar a carpintaría interior, instalar unha rede eléctrica e colocar un vinilo no chan. O importe total do proxecto foi de 22. 660, 90 euros con cargo aos orzamentos municipais.

Así, o primeiro andar do edificio, que acolle o centro social, xa está adecuado para o desenvolvemento das clases para os/as 12 escolares. De esta forma, en canto se limpen os espazos e se traslade o mobiliario, poderase proceder a volta ás aulas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.