Proseguen as medidas restritivas anti-COVID en Boiro

25 Xaneiro 2021

O Concello de Boiro celebrou na mañá deste luns 25 de xaneira unha nova xuntanza semanal da Comisión de Seguimento da Evolución da COVID-19. Segundo se desprende da reunión, o municipio (que segue en nivel máximo de alerta), proseguirá co peche dos parques infantís, das instalacións municipais e das pistas deportivas. Soamente se permite o uso de instalacións deportivas ao aire libre para a práctica de deporte federado, cumprindo sempre coas especificacións das autoridades sanitarias.

Asemade, informouse na sesión de que os membros de Protección Civil realizan de xeito periódico a asistencia a persoas confinadas, para axudarlles coa recollida de lixo ou outras necesidades derivadas do departamento de Servizos Sociais. Do mesmo xeito, o departamento de Servizo Sociais coordina as solicitudes de alimentos para Cáritas, así como as Tarxetas Moedeiro de Cruz Vermella e os servizos de teleasistencia da Deputación Provincial da Coruña.

A Policía Local de Boiro continúa coa vixilancia e control da poboación para garantir que se cumpran as restricións decretadas. Durante a fin de semana interpuxéronse un total de 4 denuncias, debido ao mal uso da máscara, o incumprimento do toque de queda e a apertura non permitida dun local hostaleiro.

Outros artigos

Boiro volve acadar o distintivo Bandeira Verde de Galicia

O Concello de Boiro renova o distintivo de Bandeira Verde de Galicia, un galardón que premia aos municipios da comunidade autónoma que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe. A concelleira de Medio Ambiente, Olga...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.