A hostalería concéntrase diante da Xunta para esixir indemnizacións e non axudas

29 Xaneiro 2021


Hostaleiros chegados de diferentes puntos da comarca do Barbanza e da xeografía galega escenificaron este venres ante a Xunta o enterro do sector para reclamar un “rescate xa” pola crise que padecen derivada da pandemia.

Tras percorrer en manifestación as rúas de Santiago de Compostela, colocaron un cadaleito e coroas de flores na porta principal do edificio administrativo de San Caetano, cunha mensaxe no que se podía ler: “Dona hostalería, matárona en España o 15 de marzo de 2020”.

O sector hostaleiro lembrou que non pode existir unha guerra entre sectores, expresando así o seu apoio aos comerciantes e afirmando que as solucións teñen que ser para o conxunto dá economía. Antes de acabar coa concentración, o sector acusou á Xunta «de improvisar» e cualificou de «impresentable» que se avise das novas restricións con tan pouco tempo.

Outros artigos

Ribeira suma unha nova veciña centenaria: Rosa Dios Cores

Rosa Dios Cores soprou onte o número 100 para converterse nunha nova veciña centenaria de Ribeira. A alcaldesa, María Sampedro, e o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, desprazáronse ata o domicilio familiar da parroquia de Oleiros para compartir tempo nun...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...