O venres preséntase en Rianxo Aproximacións a Manoel Antonio de Xosé Luís Axeitos

25 Xaneiro 2021

Este venres, 29 de xaneiro, ás 19.00 horas celebrarase na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a presentación de Aproximacións a Manoel Antonio de Xosé Luís Axeitos. Isto enmárcase no eixo dos Actos Castelao 2021. Doutra banda, realizarase a presentación do suplemento 161 de A Voz de Barbantia, da man de Xosé Luis Veiras, autor plástico do proxecto.

Na apertura e no peche do acto tocarán dous músicos da Escola de Rianxo, Miriam Pardal Figueiro coa súa trompa e Félix Iago Rodríguez Ramos acompañado do seu bombardino. Ademais, acudirán á celebración María Xesús Blanco, vicepresidenta da A. C. Barbantia, Roberto Abuín, Axóuxere Editora e Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo.

Todas aquelas persoas que queiran acudir, deberán reservar a entrada de balde ata o 27 de xaneiro a través do correo do Auditorio de Rianxo, auditorio@concelloderianxo.gal.

Outros artigos

A Banda de Noia abre as portas a un novo curso

Xa está aberto o prazo de matrícula na Escola de Música da Banda de Noia para o curso 2026/27, en palabras do Concello "unha oportunidade para aprender, gozar da música e formar parte dunha entidade que leva xeracións poñendo banda sonora á nosa vila". Haberá...

+

En Rianxo, a AECC pon en marcha o Club de Saúde

A Asociación Española Contra o Cancro pon en marcha en Rianxo o Club de Saúde, un programa gratuíto e dirixido a persoas con cancro, superviventes e familiares. De setembro a novembro, comezando o 24 de setembro, celebraranse oito obradoiros de saúde física, emocional...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Fama sen rede”. Xosé Antonio López Silva

“Fama sen rede”. Xosé Antonio López Silva

Intente vostede falar na cea dun libro ou dunha figura pública que todo o mundo na mesa coñeza. O máis probable é que se atope con miradas de desconcerto. Os máis novos estarán ao tanto dun fenómeno de millóns de seguidores do que vostede nunca oíu falar, e o autor...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.