O PSOE de Ribeira require unha zona de estacionamento para persoas con mobilidade reducida na Amarella

18 Xaneiro 2021
Zona da praza onde os socialistas consideran que debera habilitarse o novo estacionamento

O grupo do PSdG-PSOE de Ribeira presentou un rogo para ser debatido en pleno relativo á praza da Amarella de Ribeira e á necesidade, sosteñen os socialistas, de dotala cunha zona de estacionamento para persoas con mobilidade reducida. O grupo lembra que a praza conta cunha zona a ampla de aparcamentos en superficie que acolle acotío un bo número de vehículos, sobre todo turismos. Ademais, queda empraza “nunha importante zona de ámbito residencial-comercial, con actividade económica de diversa índole”.

Porén, os socialistas poñen o foco no que consideran unha relevante eiva: a ausencia dun “espazo de estacionamento na vía pública dirixido a persoas con discapacidade, malia que no lugar hai varias que teñen acreditada a súa residencia”. No seu rogo o grupo achega un posíbel emprazamento para a devandita praza, tal e como se pode apreciar na imaxe que acompañamos.

Outros artigos

Ribeira prepara xa a III Milla do Día da Hispanidade

O Concello de Ribeira colabora coa Escola de Boxeo El Canario no desenvolvemento da III Milla Día da Hispanidade que se celebra o vindeiro luns 12 de outubro con saída ás 11.00 horas, dende o Malecón. Á presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.