O grupo TheCuncas adía as súas galas benéficas até que a situación sanitaria mellore

25 Xaneiro 2021

O ciclo de galas benéficas impulsadas en diferentes recantos da nosa comarca pola banda boirense TheCuncas (dirixidas a recadar fondos que destinar a quen máis sufriu os embates da crise sanitaria) terá que agardar a tempos máis tranquilos e seguros. Así o acordaron finalmente os integrantes do grupo, que emitiron un comunicado no que agradeceron a importante participación acadada (a dunha manchea de empresas que ofreceron doazóns de todo tipo de artigos e servizos, ou que decidiron apoiar a iniciativa economicamente).

Así nolo contan os integrantes de TheCuncas no seu comunicado: “Por mor da progresión da situación epidemiolóxica e seguindo as medidas comúns para toda Galicia propostas polas autoridades sanitarias e a Xunta de Galicia, acordamos aprazar as datas de celebración das galas benéficas programadas, ata que a situación da evolución da pandemia nolo permita”.

As novas datas serán acordadas e debatidas previamente cos catro concellos implicados nas galas, e serán anunciadas nas distintas redes sociais do grupo.

Iso so, a campaña solidaria theSORTEO manterase nos prazos fixados.

Serán en total catro sorteos. Na Cunca 1 participan Entrena Galicia, Aldea Dixital, Jamonería Bacelos, Sport Maniotas, Sportmoda e Sportmodashop.com.

Na Cunca 2 implicáronse Suka Estilistas, Milar Sampedro, POPs Música, Atleet Casais & Foot On Mars e Activa Alfonso Santiago.

Na Cunca 3 están presentes Ángel Mar Cetárea, Libraría “El Cisne”, Señor Balón, Baldani Concept Store, Merktrón Electrónica e Natisan.

Na Cunca 4 implicáronse con vales, produtos e servizos LG Barbería, Café Bar Toffe, Centro Óptico Grela, Pizzería Toscana, Passarela Moda e Perruquería Imperial.

Datas dos sorteos:

 Cunca 1: Venres, 5 de marzo do 2021.

 Cunca 2: Venres, 12 de marzo do 2021.

 Cunca 3: Venres, 19 de marzo do 2021.

 Cunca 4: Venres, 26 de marzo do 2021.

Outros artigos

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.