O grupo Ailá actuará o 23 de xaneiro en Rianxo

15 Xaneiro 2021

O grupo de música Ailá actuará o 23 de xaneiro ás 19:00 horas na Sala de Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, co fin de presentar o seu traballo ELO, inspirado nas recolleitas históricas dos cantos de transmisión oral en Galicia. O concerto encádrase dentro das actividades que se realizarán nos Actos Castelao 2021.

A entrada será de balde, con solicitude previa. Por iso é preciso que todos aqueles que queiran participar, envíen un correo electrónico a auditorio@concelloderianxo.gal, do 14 ao 21 de xaneiro de 9.00 a 13.30 horas. Os interesados deberán indicar o seu nome completo e o número de teléfono, ademais de sinalar se as persoas solicitantes son convivintes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.