O futuro do Pazo de Goiáns, avaliado na primeira toma de contacto da Comisión do Concello de Boiro

15 Xaneiro 2021

Foi esta mañá do 15 de xaneiro cando tivo lugar, de xeito telemático, unha primeira toma de contacto da Comisión de Avaliación e Planificación do Futuro do Pazo de Goiáns por parte do Concello de Boiro. O obxectivo deste equipo de traballo e das xuntanzas realizadas periodicamente é traballar a prol da conservación, coidado e funcionalidade do inmóbel.

Na reunión telemática estaban presentes: o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, o tenente de alcalde, Luís Ruiz; o arqueólogo municipal, o xerente da ABE, un xestor cultural, a xerente da mancomunidade Barbanza Arousa, un historiador local, docentes e investigadores da USC e un especialista en xardineira e botánica.

O que se pretende con esta comisión é que estean representados todos os ámbitos relacionados co pazo e a súa contorna, referíndonos con isto ao aspecto arquitectónico e construtivo, medioambiental, cultural e histórico, asociacionismo, turístico, empresarial, económico- financeiro e xurídico.

Pola súa banda o alcalde expuxo o porqué da necesidade de crear unha comisión de expertos que avalíe a viabilidade técnica, económica, social, cultural e medioambiental do Pazo e da finca de Goiáns para diferentes proxectos: “Temos claro que a veciñanza ten que desfrutar deste Pazo”. É por iso que o Concello de Boiro abrirá un proceso de participación cidadá, para que a veciñanza faga as súas achegas sobre os posíbeis usos do inmóbel para logo seren valoradas polos expertos en vindeiras comisións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.