O Concello de Boiro celebrará de xeito telemático o seu pleno de xaneiro

19 Xaneiro 2021

O Concello de Boiro celebra este 21 de xaneiro a súa nova sesión plenaria ordinaria. Como de costume, retransmitirase en directo a través da canle municipal de YouTube. Amais, debido á situación sanitaria na que se atopa o municipio, derivada da pandemia producida pola COVID-19, a sesión vaise celebrar de xeito telemático.

A orde do día vai ser a seguinte:

1. Aprobación da acta da sesión celebrada o 17/12/2020

2. Convenio de colaboración entre o Concello de Boiro e o Concello de Ribeira para a recollida de animais.

3. Ordenanza de circulación do Concello de Boiro.

4. Moción presentada polo grupo de IC Boiro/ mixto sobre o estado das ruínas das instalacións da empresa Boiromar no Chazo.

5. Moción do grupo municipal de IC Boiro/ mixto relativa á reclamación a Repsol de débeda pola ocupación de terreos cos depósitos de gas no parque empresarial.

6. Moción do grupo municipal de IC Boiro/ misto sobre baños públicos no Mercado Municipal e melloras no dito mercado.

7. Moción presentada polo grupo municipal de IC Boiro/ mixto relativa á apertura durante todo o ano dos baños de paseo marítimo de Barraña.

8. Moción do grupo municipal do PP para instar ao Goberno a que ingrese as contías do IVE non liquidadas de 2017 como consecuencia da implantación do Subministro Inmediato de Información (SII).

9. Moción do grupo municipal do PP con motivo da celebración o 25 de novembro do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

10. Moción do grupo municipal do BNG relativa a celebración o 25 de novembro do Dia Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

11. Moción do grupo municipal de IC Boiro/ mixto relativa á necesidade de pintar o edificio da Casa da Cultura.

12. Moción do grupo municipal de IC Boiro/ mixto para que se soliciten subvencións para obras ao Goberno central con cargo ao 1,5% destinado a conservación do patrimonio cultural.

13. Moción do grupo municipal de IC Boiro/ mixto para a devolución de recargos a contribuíntes causados por cambio de códigos de bancos.

14. Moción do grupo municipal do BNG sobre a reactivación da asistencia sanitaria.

15. Moción do grupo municipal de Boiro Novo/ mixto para a constitución dunha mesa local de coordinación interinstitucional fronte á violencia machista.

16. Moción do grupo municipal de Boiro Novo/ misto en relación co cumprimento das obras pendentes en Sandrenzo e Fontecoba.

17. Moción presentada polo grupo de Boiro Novo/ mixto para prover de axudas a deportistas federados vencellados ao mundo do motor.

18. Moción do grupo municipal do PSdG- PSOE relativa á sanidade.

19. Moción do grupo municipal do PSdG-PSOE pedindo ao Goberno galego a reversión da titularidade dos terreos portuarios aos concellos, cando o seu uso para fins relacionados co porto sexa residual ou inexistente.

20. Moción do grupo municipal do PSdG- PSOE con motivo da celebración o 25 de novembro do Dia Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

21. Moción da plataforma en defensa da sanidade publica do Barbanza.

22. Moción do grupo municipal do PP para a adopción de medidas económicas e sociais en defensa de autónomos e PEMES afectados polas restricións impostas pola crise sanitaria derivada da COVID-19.

23. Moción do BNG sobre a lingua galega.

Outros artigos

Boiro supera a media galega en doazóns de sangue

A Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) está a desenvolver unha campaña especial para fomentar as doazóns durante o presente verán e, no marco desta campaña, a unidade móbil estará en Boiro os días 17, 18 e 19 de xullo. O alcalde, José Ramón Romero, e o...

+

Incendio nunha finca urbana no Concello de Boiro

Os bombeiros do parque Provincial de Boiro acudiron onte a unha chamada, sobre as 19:15 h, alertados  polo incendio nunha finca urbana preto de vivendas, na avenida de Compostela, no Concello de Boiro.   Á súa chegada ao lugar, os bombeiros provinciais controlaron o...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.