O Complexo Turístico de Albeida na Serra de Outes, Premio de Arquitectura 2020

26 Xaneiro 2021

O Complexo Turístico de Albeida, na Serra de Outes (A Coruña), resultou recoñecido como o proxecto gañador do Premio de Arquitectura 2020 do Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España (CSCAE). Obra dos arquitectos galegos Alfonso Salgado e Francisco Liñares, é unha aposta innovadora e revolucionaria pola sustentabilidade e a optimización de recursos, poñendo en xogo unha nova e relevante contribución ao “reequilibrio entre o hábitat urbano e o natural”.

En concreto, o xurado do Premio de Arquitectura destacou a “gran musicalidade e permeabilidade” que posúe o Complexo Turístico de Albeida en Outes: “Optimiza recursos de forma práctica xerando unha arquitectura posíbel e sustentábel”. Amais, destacouse que o conxunto “aproveita os recursos ao máximo e dá lugar a resultados óptimos de forma harmonizada”.

A decana do Colexio de Arquitectos de Galicia, Elena Ampudia, sinala que esta obra “é unha clara aposta pola sustentabilidade e a integración no complexo territorio galego. Polo tanto, é un merecido recoñecemento ao traballo ben feito, e desde o Colexio de Arquitectos de Galicia facemos noso o sentir do xurado”.

Un espazo privilexiado con vistas á ría de Muros e Noia

O Complexo Turístico de Albeida está situado nunha contorna privilexiada da ría de Muros e Noia, concretamente no concello da Serra de Outes. O proxecto integra a rehabilitación de tres edificacións tradicionais que, ata ese momento, foran residencia e estudio de gravación, coa construción de nove aloxamentos que respectan a vexetación do lugar e reforzan a historia do xa edificado.

Para logralo, os autores buscaron a intimidade de cada edificación (sen renunciar á perspectiva que se descobre entre as pólas das árbores da desembocadura do río Tambre, os montes do Barbanza, a vila de Noia e o nacemento da ría Muros-Noia) e definiron formalmente as diferentes edificacións “intentando unir a evolución caprichosa da vexetación co elemento racional dos edificios existentes”. Tamén apostaron por integrar o conxunto no bosque da contorna, harmonizando os volumes coas alturas das árbores e “buscando a unión entre o natural e o artificial”.

Desde o estudio gañador, Francisco Liñares valora que o Premio de Arquitectura 2020 é un impulso ao traballo que Salgado e Liñares Arquitectos vén realizando nos últimos anos. “Premiouse unha forma de traballar que non pon o acento na forma, que dialoga coas preexistencias, cunha vontade evidente de integración nun territorio moi complexo, profunda e sabiamente humanizado, e co feito construtivo como fío condutor de todo o proceso arquitectónico”, considera Alfonso Salgado.

Membros do xurado

O xurado do Premio de Arquitectura estivo formado polos arquitectos Toni Gironès, como presidente do xurado en representación do presidente do CSCAE; José Manuel Gallego Jorreto, Alberto Campo Baeza (Medalla de Ouro da Arquitectura 2019), Dolores Alonso, Elisa Valero, e a secretaria xeral de Axenda Urbana e Vivenda, Elena Simón.

Outros artigos

A RAGC e a UIE distinguen a Rubén Lado, investigador de Outes

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) acaban de resolver a segunda edición dos Premios RAGC-UIE para investigadoras e investigadores novas/os. Estes galardóns teñen como obxectivo impulsar a investigación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...