O Campionato Galego Absoluto remata cun bo resultado para o Club de Natación de Boiro

07 Xaneiro 2021

Os nadadores do Club Natación de Boiro demostraron o seu esforzo nesta gran competición. Así, Noelia Vilarnovo acadou o 9º posto en 200 Mariposa e o 17º lugar en 100 Mariposa. Para a nadadora “non foi o mellor campionato, pero o seu rendemento foi maior que noutros eventos”.

Ao seu carón, Manuel Pérez conseguiu a 2º praza en 200 Braza, proclamándose subcampeón galego cunha marca mínima para Campionato de España. Tamén participou na proba de 100 estilos, na que conseguiu o 11º posto, e alcanzou o 4º lugar en 50 Braza.

O Club de Natación de Boiro mantense así no 17 º posto da clasificación xeral, dun total de 22 clubs participantes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...