O BNG preocúpase polo gromo de COVID da Residencia de Ribeira

15 Xaneiro 2021

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) vén de emitir un comunicado no que plasma a súa preocupación polo gromo de COVID-19 da Residencia de Maiores de Ribeira. No comunicado a agrupación tamén reflicte a súa inquietude pola situación nos concellos da nosa comarca, que pasan a estar no nivel máximo dentro dunha área sanitaria (a de Santiago-Barbanza) que é “das máis afectadas do país nestes momentos e onde tanto o número de casos positivos como o número de persoas hospitalizadas seguen a aumentar”, sinala o BNG.

O grupo nacionalista, con todo, pon o foco no Residencia de Maiores Domus Vi de Ribeira, onde se rexistrou un primeiro gromo unha semana despois de ser achegadas as primeiras vacinas ás súas usuarias e usuarios e logo de que fose quen de manterse, dende o mes de marzo pasado, sen ningún contaxio.

“Alén das persoas contaxiadas coñeciamos a nova desalentadora do falecemento de dúas das persoas residentes que foran trasladadas ao Centro Galego de Desenvolvemento Integral (CEGADI)”, comenta a deputada nacionalista, Rosana Pérez, que reflicte que “cos datos que facilita a Consellería de Política Social a residencia ten o terceiro gromo de COVID máis importante en afectación a residentes de toda Galiza”. Para Pérez Fernández a situación é “sumamente preocupante dende o punto de vista sanitario”.

A deputada rexistrou unha iniciativa parlamentar para que a Xunta “adopte todas cantas medidas sexan precisas para controlar o gromo de COVID-19” producido recentemente na residencia, incluída a súa intervención. Do mesmo xeito preguntará que causas baralla a Xunta da infección dun importante número de residentes despois de seren vacinados/as, se se están cubrindo as baixas do persoal que está contaxiado e que actuacións pensa desenvolver para previr novos contaxios.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.