O BNG fai un chamamento a defender os intereses galegos na homenaxe a Castelao

11 Xaneiro 2021

O Bloque Nacionalista Galego homenaxeou este domingo 10 de xaneiro ao rianxeiro Alfonso Daniel Rodríguez Castelao no Panteón das Galegas e Galegos Ilustres, en Santiago. Na cita estivo presente a portavoz nacional, Ana Pontón, quen recalcou na homenaxe a que cualificou a esencia do seu partido: “Defender Galiza”. Isto, dixo, fronte “ao sucursalismo” e “a discriminación” das forzas estatais “que se moven entre a confrontación estéril do PP e o servilismo inútil do PSdeG”.

Pontón botou man de exemplos para ratificar o devandito, como a defensa da frota pesqueira ante o Brexit, do sector industrial con Alcoa á cabeza ou da rebaixa das peaxes da AP-9. Amais, cualificou de “vergoña” a suba histórica da luz en plena onda de frío, que lles impide ás familias e ás empresas beneficiarse de ser produtores netos de electricidade. “Vergoña para as eléctricas que volven comportarse con usura pero tamén para os gobernos que llo permiten e, como temos as mans libres, seguimos reclamando unha tarifa eléctrica galega”, dixo.

A homenaxe a Castelao, inicio do curso político para o Bloque, estivo marcada pola pandemia, empezando porque se celebrou no Panteón dos Galegos e das Galegas Ilustres en Santiago e non como é tradición en Rianxo vila natal do nacionalista. “Este non vai ser un ano máis tras a ferida aberta pola COVID”, alegou a portavoz nacional, “ten que ser o ano no que reforcemos a sanidade pública e poñamos en marcha un novo modelo de coidado das persoas maiores, e ten que ser o ano da reactivación económica. Por iso, a prioridade do BNG é conseguir superar esta crise, saír do pozo canto antes e nese obxectivo non escatimaremos esforzos, con propostas en positivo”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una desgracia peor que la de Adamuz”. José Fernández Lago

“Una desgracia peor que la de Adamuz”. José Fernández Lago

Esta, sufrida en Urda, ha sido más dura, no solo por el número de muertos y heridos, sino también porque “llueve sobre mojado”. Las palabras “inverosímil e inexplicable”, del responsable de los transportes en España, no se sostienen ante el principio que hemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.