O BNG denuncia a existencia de vertedoiros incontrolados en Couso e San Roque

29 Xaneiro 2021

Mesmo no medio da pandemia, non hai nada que free unha das prácticas máis incomprensíbeis e incívicas de cantas perpetra o ser humano: o traballo de carrexar refugallos de toda índole, sobre todo de gran tamaño, e guindalos en espazos naturais. E dicimos o de “incomprensíbel” tendo en conta as moitas facilidades que os Concellos poñen hoxe en xogo para ceibarnos deste tipo de lixo, a través dos Puntos Limpos fixo ou, tamén, do servizo gratuíto e móbil de recollida.

O Bloque Nacionalista Galego de Ribeira compartiu con nós un novo e preocupante exemplo deste hábito que perdura, desta volta co agravante de perpetrarse en espazos de tanta importancia medioambiental como Couso, moi preto do Parque Natural, e no monte de San Roque, preto do Castro da Cidá e a súa contorna. O BNG rexistrou xa iniciativas para “que se poña solución a este grave problema ambiental”.

O voceiro da formación nacionalista, Xosé Vázquez Cobas, comentou que “no parque de San Roque existe un vertedoiro de residuos sólidos voluminosos como móbeis, colchóns, entullos de obras, plásticos… que supoñen un grave problema ambiental de contaminación”. Vázquez Cobas asegura que estes residuos “deben ser levados ao punto limpo xa que están a contaminar e a degradar un parque público moi frecuentado pola veciñanza”.

E engade: “Este un problema recorrente no concello polo que cremos necesario poñer en práctica políticas de información para a veciñanza sobre o sistema de recollida deste tipo de residuos voluminosos así como aumentar a vixilancia policial para sancionar aquelas prácticas que deterioran os espazos públicos e contaminan o medio natural”.

Desde o BNG instan ao Goberno local a “aumentar o coidado do medio natural ante a cantidade de problemas cos residuos que se detectan nos montes, praias e ríos do municipio”. E conclúen: “A desidia neste eido é absoluta, o Concello debe poñerse as pilas nas políticas ambientais”.

Outros artigos

O Concello de Ribeira reforza o alumeado público na rúa de Galicia

O Concello de Ribeira informou dun reforzamento do alumeado público nalgunhas contornas do centro urbano da cidade, concretamente no treito da rúa Galicia comprendido entre o Mercado Municipal e o cruzamento co Parque García Bayón. Segundo informaron fontes do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...