O BNG de Ribeira pide que se rematen as obras urxentes no concello

21 Xaneiro 2021
O proxecto do Centro Social de Carreira

O BNG de Ribeira esixe que se rematen as obras que levan anos paralizadas. Algunhas delas, segundo informan, “levan máis de 5 anos de atraso”.

Os nacionalistas sinalan que “a parálise do Goberno de Ruiz Rivas é total” e lamentan que haxa obras urxentes que aínda non se realizaron. Este é o caso, din, da estación de autobuses, “xa que se precisan de inmediato das marquesiñas para poder achegar un resgardo contra o mal tempo”. Ademais, o voceiro do BNG, Xosé Vázquez, resaltou que “dende o Bloque pediran que non se demolera a antiga estación ata non ter feita a nova. Sen embargo, o Partido Popular decidiu derrubar a antiga parada sen ter feita a nova”.

As obras paralizadas contaban cun investimento de máis de 1.200.000 euros, explican, engadindo que do devandito “425.000 euros estaban destinados á renovación da estación e 420.000 euros a reparar o edificio da Unidade de Atención de Drogodependentes (UAD)”.

Doutra banda, os nacionalistas tamén destacaron “o abandono que sofren diversas parroquias”. Por exemplo, o centro social de Carreira debería haber sido renovado xa fai 5 anos. Debido á situación, o BNG de Ribeira esixiu executar ditas obras o antes posíbel.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...