O alcalde de Boiro dá a benvida ás persoas usuarias do curso telemático de xerontoximnasia de Cruz Vermella

14 Xaneiro 2021

O Concello de Boiro e a asemblea local de Cruz Vermella dispoñen dun convenio de colaboración para o desenvolvemento da política social e asistencial no municipio. O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, deulle este xoves a benvida ás persoas usuarias do curso de xerontoximnasia que están realizando de xeito telemático unha das accións enmarcadas dentro do programa de colaboración (debido ás circunstancias sobrevidas da crise sanitaria, Cruz Vermella comezou a levar a cabo estas actividades a través de videoconferencia, ao non poder facerse de xeito presencial).

José Ramón Romero aproveitou a visita para coñecer as instalacións de Cruz Vermella no Centro Social de Boiro, que acaban de ser reformadas para mellorar a súa distribución e adaptalas ás necesidades actuais do servizo que a entidade presta á veciñanza para a promoción do benestar social e servizos asistenciais.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.