Máis de 4.600 cidadáns da área sanitaria participan en cribados esta semana

27 Xaneiro 2021

Ao longo desta semana dende luns 25 ata o sábado 30 realizaranse cribados a máis de 4.600 cidadáns de seis concellos da área sanitaria de Santiago e Barbanza.

Mañá xoves 28 farase un cribado a 500 persoas de Dodro que foron seleccionadas aleatoriamente con Idades comprendidas entre os 31 e 50 anos. Tamén Serán citados por SMS e indicaranlle a hora á que deben acudir ao centro de Saúde de Padrón, onde se toman as mostra.

Hoxe, mañá día 28 e o 29 realizarase un cribado a 1.240 cidadáns de Padrón de entre 25 e 50 anos. En primeiro lugar, esta mesma tarde, cribarase a todas as persoas de 25 a 34 anos con médico no Centro de Saúde de Padrón. O xoves e venres a unha mostra aleatoria de cidadáns de Padrón de entre 35 e 50 anos. Estes cribados serán pola tarde no Centro de Saúde de Padrón e citarase a través de SMS.

O venres realizarase cribado a 700 cidadáns de entre 31 e 50 anos de Rois. Tamén escollidos aleatoriamente. Será pola tarde no centro de Saúde de Padrón e serán citados por SMS.

Os cribados realizarannos o persoal de atención primaria de Padrón, Dodro e Rois. En total serán máis de 2.400 citados.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.