Loaira Pérez, do obradoiro Raposiñas da Pobra, consegue a Bolsa Eloy Gesto nos Premios Artesanía de Galicia

05 Xaneiro 2021
13,00 h.- O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participará na entrega dos Premios Artesanía de Galicia 2020. No claustro do Hotel Monumento San Francisco (Campillo de San Francisco, 3). foto xoán crespo 29/12/2020

Os días pasados a Xunta de Galicia fixo entrega dos Premios Artesanía de Galicia 2020 que pretenden enxalzar os valores dun sector clave da identidade colectiva da Comunidade e se sitúa como unha das vías de preservación do patrimonio cultural e etnográfico. Na Comunidade agora mesmo existen preto de 700 obradoiros que traballan baixo a marca Artesanía de Galicia, entre eles o obradoiro Raposiñas da Pobra do Caramiñal, galardoado na cerimonia.

Loaira Pérez Pérez, co obradoiro Raposiñas de cerámica feita de vagar, gañou a Bolsa Eloy Gesto 2020, dotada de 4.000 euros para investir en formación especializada nun centro de prestixio. Deste xeito, a Xunta busca potenciar a “remuda xeracional no sector, o acceso de novos talentos á artesanía e a súa profesionalización”.

Cunha ampla formación artística en Belas Artes, restauración e xoiaría, Loaira Pérez creou en xullo de 2019 Raposiñas, que define como un obradoiro cerámico rural no que os conceptos marcan os deseños. Coa Bolsa Eloy Gesto terá a oportunidade de formarse no Cencal, Centro de Formación Profesional para a Industria Cerámica, en Caldas da Raínha (Portugal), así como na fábrica de cerámica portuguesa Bordallo Pinheiro, un referente internacional.

Outros artigos

Noia homenaxea este domingo a Sebastián Paz Suárez

O Concello e veciñanza de Noia van homenaxear este domingo ao profesor e escritor Sebastián Paz Suárez (Noia, 1943), neto do compositor Felipe Paz Carvajal e comprometido coa recuperación e reivindicación da historia do seu avó, destacado autor musical, director de...

+

O conto da toupiña da Xanela de Maxín chega este domingo a Noia

Este domingo temos unha cita co teatro familiar no Teatro Coliseo Noela, en Noia. A compañía A Xanela do Maxín trae ao Noela a obra A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza, unha divertida historia para a rapazada protagonizada por unha pequena...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.