Este domingo temos unha cita co teatro familiar no Teatro Coliseo Noela, en Noia.

A compañía A Xanela do Maxín trae ao Noela a obra A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza, unha divertida historia para a rapazada protagonizada por unha pequena toupa que está decidida a descubrir quen lle fixo unha trasnada.
Será este domingo 4 a partir das 18.30 horas.
Entradas: 4 € + O,50 € de gastos de xestión.
Tarifa nenas/os, estudantes e xubiladas/os 3,20€ +0,50€.
As entradas pódense mercar en liña.
Tamén estarán dispoñíbeis no portelo do teatro unha hora antes da función.
A sinopse
A Toupiña saía do seu tobo e algo lle caeu na cabeza, a modo de pucho cheirento, converténdose en A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza.
Daquela, percorrerá a granxa investigando -moi indignada- cal dos animais que alí viven lle fixera semellante agravio: a pomba, o cabalo, a lebre…
Unha obra simpática e escatolóxica que provoca gargalladas e fai que os espectadores empaten coa toupiña que quería saber, ferida no seu orgullo.
O ecoloxismo, reutilización e reciclaxe tamén son temas sobre os que xira a totalidade dun espectáculo no que o público terá unha visión diferente dun tema tan natural como a vida mesma, ademais de facer unha reflexión sobre o final do conto: A vinganza é a opción correcta?
Con esta obra foméntase a curiosidade, así como o coñecemento e respecto cara os animais. Todo dunha maneira cómica e moi divertida. Estimúlase a intelixencia emocional, e o recoñecemento das diferencias, nun ambiente de expectación e misterio, capaz de encandear ao público.



