Instalan cambiadores de cueiros nos aseos masculinos e femininos en varios edificios municipais de Boiro

12 Xaneiro 2021

O Concello de Boiro habilitou cambiadores de cueiros en diferentes edificios municipais, co fin de adaptar as instalacións dende unha perspectiva de xénero. Deste xeito, haberá cambiadores dispoñíbeis tanto en aseos masculinos como femininos.

A instalación foi levada a cabo polos operarios municipais, que realizaron a colocación dos cambiadores de cueiros nos baños dos seguintes edificios público: Casa Consistorial, Casa da Cultura, Centro Social de Boiro, Centro Social de Escarabote, Centro Social de Abanqueiro e Centro Social de Cabo de Cruz.

Deste xeito, o Concello pretende aumentar as ferramentas que fomenten a conciliación por parte de toda a veciñanza. Así, todos estes edificios con gran actividade cultural, social e educativa, serán accesibles para todos e todas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...