Homenaxe a Valle-Inclán no 85 aniversario do seu pasamento

05 Xaneiro 2021

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, a tenente de alcalde de Santiago, Mercedes Rosón, e o alcalde da Pobra, Xosé Lois Piñeiro, entre outras/os representantes da cultura e da política galega, participaron este martes 5 de xaneiro na tradicional ofrenda floral a Ramón María del Valle-Inclán que se realizou no Cemiterio de Boisaca con motivo do 85 aniversario do pasamento do escritor.

En presenza de representantes de diferentes institucións culturais e familiares do autor, Román Rodríguez salientou a figura do sobranceiro escritor veciño da Pobra do Caramiñal, un dos máis grandes autores das letras en castelán de todos os tempos, e lembrou a súa traxectoria vital e creativa animando á lectura das súas obras “como un dos mellores xeitos de homenaxealo”.

O tributo foi unha homenaxe dupla, xa que comezou cunha ofrenda floral a Isaac Díaz Pardo, finado tamén un 5 de xaneiro.

Na homenaxe ao dramaturgo, ademais de Concello e Xunta de Galicia, tamén estaba presente un dos seus netos; e distintas representacións dos concellos de Vilanova de Arousa, da Pobra do Caramiñal, do Museo de Valle-Inclán da Pobra e da Asociación Amigos de Valle-Inclán.

Mercedes Rosón rematou a súa intervención sinalando que “seguiremos consolidando ese roteiro compostelán de Don Ramón, e seguiremos facendo cousas en colaboración con outras administracións”.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.