Habilitada unha ferramenta para a consulta do uso e ocupación territorial dos concellos litorais

28 Xaneiro 2021

O Consello da Xunta, na súa reunión celebrada esta mañá, coñeceu o contido do Informe sobre o mapa de usos e coberturas do solo a escala 1/5.000 nos concellos da costa galega. Deste xeito, a Xunta facilita á sociedade galega o acceso, de xeito libre e gratuíto, ao visor SIOSE 5K con información xeométrica e temática de gran precisión sobre o uso e ocupación territorial a nivel de parcela catastral nos 85 concellos do
litoral de Galicia. Esta base de datos ofrece información espacial de 527.000 Has, máis de 4 millóns de parcelas, dunha zona de alta complexidade territorial, como é a costa galega.
Para a elaboración deste visor, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda – a través do Instituto de Estudos do Territorio- levou a cabo un traballo minucioso e exhaustivo de fotointerpretación e emprego de distintos algoritmos e fontes, como o Sixpac, catastro municipal, mapa forestal, cartografía base, datos LiDAR, a rede hidrográfica e de estradas… que deu como resultado esta completa base de datos con información a nivel de parcelas catastrais cunha escala de 1/5.000, fronte á escala 1/25.000 que se viñan empregando neste tipo de mapas temáticos.
O resultado é unha información espacial para cada un distintos grupos temáticos, como coberturas artificiais, cultivos, pastos, arborado forestais, matogueira, terreos sen vexetación, coberturas húmidas e de auga; e dentro de cada un deles clasifícanse ata 51 coberturas e atributos correspondentes. Deste xeito, grazas á consulta da cartografía pódense discriminar zonas de horta, viñedos existentes, coníferas ou cantís; e coñecer cales se poden considerar en abandono, no caso dos atributos dos cultivos, ou as zonas queimadas (atributo) para o arborado forestal.
Grazas a esta ferramenta coñécese que é o que sucede no territorio, como evoluciona e como se debe xestionar. É un produto que fai que podamos falar del como un mapa económico ao ofrecer información sobre o que existe e uso que se lle fai ao territorio, como tamén sobre a potencialidade do mesmo.
En definitiva, permite á sociedade en xeral, e sobre todo a aquelas disciplinas e actividades que modulan e interveñen no territorio, identificar o estado real dun solo ou ámbito e facer as primeiras análises para o desenvolvemento da súa actividade.
Características técnicas
O visor SIOSE 5K, xunto coa base topográfica de Galicia, constitúe os cimentos para calquera proxecto de carácter territorial e, o conxunto de ambos, formarán o inventario básico territorial de Galicia.
Esta base de datos é unha ferramenta para coñecer como evoluciona e varía o territorio, pois ofrece unha cartografía coa máxima resolución, ao achegar información de coberturas do solo a nivel de parcela catastral; información de usos do solo en coberturas artificiais; facilita a integración dos datos oficiais existentes das distintas bases de datos, o seu procesamento masivo e coordina a súa produción a nivel nacional, así como unha semiautomatización do proceso, que posibilite redución de custos e maior frecuencia de actualización.
A información que reporta serve para, ademais de elaborar estudos dinámicos sobre a evolución da ocupación do solo, análise e avaliación de procesos territoriais, como a perda de superficie agrícola ou selado de solo, estudos de riscos naturais. No eido do urbanismo é un referente esencial para a ordenación, planificación e xestión do territorio e desenvolvemento territorial sustentable; así como para analizar e afondar sobre aspectos relacionados cos procesos de xeración urbana, como as superficies
construídas, en construción ou tipoloxías construtivas.
Un último aspecto é que se suma ao expediente electrónico, polo que resulta
imprescindible seguir traballando nun novo modelo de xestión administrativa, no que se incorpore a compoñente xeográfica como elemento necesario do expediente electrónico. Esta circunstancia tamén favorece a eficiencia no gasto público, ao evitar a duplicidade dos recursos públicos.
A Comunidade galega espera que esta base de datos SIOSE 5K para os concellos costeiros se converta no referente para a consulta cartográfica e o modelo a seguir, tanto a nivel local, nacional e mesmo europeo, pola súa versatilidade, especificidade, capacidade de actualización e a alta resolución que presenta, tanto a nivel temático como espacial.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...