“Escoitar o mar”. Antón Luaces

28 Xaneiro 2021

Houbo un tempo xa lonxano no que os mariñeiros máis veteranos deste noso País, antes de sair ao mar ou poñer proa aos caladoiros tradicionais, gardaban un respectuoso silenzo porque, dicían, cumpría “escoitar o mar”. Porque eles falaban co mar e, mútuamente, dicíanse cousas, relatábanse os seus problemas. De tal diálogo nacían cupos, vedas. topes, plans de traballo.. Pero na actualidade ninguén escoita o mar. 
Por exemplo: vai case un par de semanas , o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas,  visitou a vila e porto de Celeiro. Prero non escoitou o moito que o mar desta zona de Lugo ten que dicir. Debe saber da historia deste hoxendía importante porto pesqueiro surxido grazas ó esforzo de todos os mariñeiros do lugar, homes comprometidos que, durante moitos anos, escoitaron o bruído do mar nun diálogo permanente.Luis Planas non escoitou. Ou non quixo escoitar. Talvez no sabe que o mar tamén se escoita. Falou el. Dizo que vai priorizar as conexións de traballo como mediopara asegurar que a pesca sexa un sector chave porque no século XXI “debe mellorar o emprego e o salario; lero tamén as condicións de traballo”. Para o ministro, a conexión a Internet no barco é fundamental. Debe ser, digo eu. Pero será máis para os armadores, que se queixan de non atopar remuda a bordo na tripulación e queren contratar mariñeiros indonesios que nin chían nin toan, calan e non reclaman. Supoño que é a mellor medida para gañar máis, pagando menos ós traballadores do mar de Indonesia. Así sí hai remuda. O ministro Planas tamén falou da futura lei de pesca sustentable e da pescuda pesqueira que, deixo tamén, vai ser “un instryumento eficaz para acadar a modernización do sector pesqueiro español e garantir a súa continuidade para lograr un aproveitamente ótimo e duradeiro dos recursos mariños”.Sí, señor ministro: coa sustentabilidade e a investigación pesqueira que vostede preconiza amáñase todo. Pero Galicia non ten caladorios de seu, carece dunha plataforma pesqueira dabondo para a süa frota da baixura, artes menores, etc. E os barcos galegos que queren, obviamente, pescar, atópanse cos dereitos históricos que só ostentan os bascos e cántabros que lles impiden faenar após os repartos comunitarios de TAC  e cotas en Bruxelas e que vostedes remexen no caladorio nacional Cantábrico Noroeste.Na lei de pesca dixo que vai haber consulta pública do anteproxecto, que cidadáns e asociascións e organizacións  van poder dar a súa opinión ao respecto. Pero nada dixo dos dereitos que armadores e mariñeiros galegos teñen nas costeiras da xarda, da sardiña, do lirio, do bonito, porque eles, os vellos mariñeiros de Galicia escoitaron sempre o bruar das ondas e o vento e vostedes, no Ministerio, , non escoitan aos pescadores que falaban co mar para xchegar a acordos. No mes de febreiro, cando a carne de porco enche as mesas, vai producirse a primeira lectura da nova norma que, dixo vostede,  será esencial para a economía de España. Non estou seguro de que tamén o sexa para Galicia.A sustentabillidade vai dirixida á protección, conservación e rexeración dos recursos pesqueiros. Basearase nos principios de precaución e de enfoque sistémico para dar pulo ao coñecemento científico en materia pesqueira e a investigación mariña. Pero non serán nada  se non escoitan o mar. De verdade.

Outros artigos

“Odio e fascismo” – José Manuel Pena

En numerosos pobos e cidades de España e Europa están orgullosos da presenza de familias de inmigrantes, procedentes de países onde non teñen ningún tipo de oportunidade de poder vivir decentemente. Persoas e familias que chegan en busca dunha oportunidade de...

+

O programa Saudade puxo en valor a gastronomía do Barbanza

Este luns 14 de xullo celebrouse no Barbanza a primeira xornada de Saudade, evento organizado por Turismo da Deputación que reúne en diferentes puntos da provincia a 13 chefs con máis de 20 estrelas Michelín do 14 ao 15 de xullo co obxectivo de promocionar o sector...

+

“Carta á alcaldesa de Santiago”. José Luís Calo

Estimada Alcaldesa de Santiago de Compostela: Goretti Sanmartín Rei.Escríbolle en relación coa polémica da concesión á Princesa Leonor de Borbón eOrtiz da Medalla de Galicia, na que vostede se botou atrás e renunciou a representará cidade de Santiago. Un cargo público...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Medicina, salud y facultades”. Alberto Barciela

“Medicina, salud y facultades”. Alberto Barciela

El debate no es malo en sí, puede proporcionar luz si es leal, autorizado, respetuoso con el pensar contrario. Con dificultad aportará claridad aquel que se tamiza por intereses inmersos en el oscuro mundo de lo particular o pocop reflexivos. Es quizás esta última la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.