Entrega en A Pobra dos premios ás persoas gañadoras do concurso A nosa pegada no Nadal

08 Xaneiro 2021

As persoas gañadoras do certame de relato curto e debuxo A nosa pegada no Nadal recibiron hoxe os seus premios, os cales consisten en cadanseus dous vales de 30 euros para consumir en diferentes establecementos da vila. Así mesmo, tódalas persoas participantes recibirán un diploma como recoñecemento ao seu labor e esforzo.
A entrega realizouse no Consistorio de xeito individual e sen público por mor da situación sanitaria derivada da COVID-19.
Tal e como se establecía nas bases, outorgáronse un total de oito distincións
(unha por categoría). Na modalidade de relato curto: de 7 a 9 anos (participante 305); de 10 a 12 (participante 351); de 13 a 15 (participante 401); e a partir de 16 (participante 451). Por outra banda, na modalidade de debuxo: de 3 a 6 anos (concursante 107); de 7 a 10 (concursante 159); de 11 a 15 (concursante 206); e a partir de 16 (concursante 253). A valoración dos relatos foi feita integramente polos 5 membros do xurado; e a dos debuxos contou tamén cun 50% dos ‘gústame’ que recibiron no perfil de Facebook de Arrancadeira Pobra.
O dito concurso convocouno a asociación Arrancadeira e mailo Concello da
Pobra do Caramiñal -a través da Concellaría da Normalización Lingüística, da cal é titular o edil Xabier Santos (BNG), e do Servizo de Normalización Lingüística municipal (SNL)-.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...