En Ribeira baixada do prezo de bus para xubilados, persoas en risco e estudantes grazas ao convenio Concello-Xunta

27 Xaneiro 2021

VIAXES EN AUTOBÚS A 85 CÉNTIMOS, A 70 PARA OS XUBILADOS E GRATIS PARA AS PERSOAS EN RISCO GRAZAS AO CONVENIO DO CONCELLO COA XUNTA

OS ESTUDANTES PAGARÁN 60 CÉNTIMOS, A EXPENSAS DA PRÓXIMA GRATUIDADE DO TRANSPORTE PARA OS MENORES DE 21 ANOS

O alcalde de Ribeira Manuel Ruiz compareceu hoxe na casa consistorial para anunciar a próxima sinatura dun convenio entre o Concello e a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia que vai propiciar moi importantes descontos na utilización do transporte público en autobús polo termo municipal.

Así, antes de pormenorizar estes descontos, o rexedor recordou tanto as iniciativas que se están promovendo dende o Concello nos últimos anos en materia de accesibilidade (como por exemplo as plataformas únicas ou a levada a cabo no pasado outono no miradoiro de Pedra da Ra) como en materia de mobilidade, con avances na peonalización, a construción de carrís bicis ou a bonificación do transporte urbano a través das tarxetas de Ribeira MOVe trala rúbrica dos correspondentes acordos coas empresas Ferrrín e Sarasquete e que permitiron rebaixar os desprazamentos dende 1,40 ou 1,35 euros a 1 euro e, no caso dos estudantes, a 67 céntimos.

A partir do 1 de marzo

Pois ben, logo de que no pasado decembro comezara a súa actividade a nova concesionaria de autobuses, o Concello xa está en disposición de anunciar logo de varias semanas de conversas unhas tarifas aínda máis rebaixadas que as que posibilitaba o Ribeira MOVe en virtude dun convenio da Xunta que empezará a surtir efecto previsiblemente a partir do próximo 1 de marzo. Así, con carácter xeral as bonificacións para unha persoa usuaria serán de 0,50 € con respecto ao prezo actual de tal xeito que os viaxes custarán un total de 85 céntimos. Polo que se refire aos

estudantes, a esa bonificación hai que engadir outra de 0,25 € de tal xeito que o custe das viaxes será para eles  tan só de 60 céntimos (aínda que o alcalde recordou que pronto os menores de 21 anos viaxarán de balde tal e como anunciou a Xunta a finais do 2020) mentres que no caso dos pensionistas a bonificación adicional é de 15 céntimos, de tal xeito que o seu billete terá un prezo de 70 céntimos.

Por outra parte, aquelas persoas en situación de risco ou emerxencia social terán unha bonificación equivalente a totalidade do importe a abonar, é dicir, poderán viaxar de balde.

Adquisición das tarxetas de transporte

Para acceder a estes significativos descontos cómpre adquirir a Tarxeta Metropolitana de Galicia (TMG) ou a Tarxeta Metropolitana de Galicia Xente Nova no caso da mocidade, o que se pode facer xa dende esta semana nalgunha das tres oficinas que ten Abanca na cidade (na rúa Galicia, no Malecón e na praza do Concello). Non obstante, o Concello habilitará un equipo de traballo para facilitar a aquelas persoas que teñan dificultades á hora de realizar este tipo de trámites o poder acceder á tarxeta correspondente.

Por outro lado, o convenio que vai asinar o Concello e a Xunta tamén contempla a figura dos ‘bonos de concesión’, que permitirá que para aquelas persoas usuarias que cunha mesma tarxeta TMG realicen 50 viaxes no mes natural a tarifa a aplicar sexa de 17,50 euros (35 céntimos por desprazamento).

Para que a veciñanza poida disfrutar destes descontos, como contraprestación no convenio o Concello abonará unhas cantidades estimadas de 50.000 euros no 2021, 115.000 euros no 2022, 116.000 euros no 2023 e 118.000 euros no 2024.

Por outro lado, o alcalde anunciou que a Xunta ten en principio a intención de que os transbordos sexan de balde a finais deste ano, unha vez se estea en disposición de cuantificar a que número ascenden aproximadamente tales transbordos. De non ser o caso, o Concello incluirá unha adenda no convenio e asumirá o seu custe para propiciar esa gratuidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.