En Ribeira 61 internos e 13 empregados positivos na residencia. Aumentan en 10 os afectados

13 Xaneiro 2021

Dez traballadores máis da residencia de Ribeira dan positivo en COVID polo que o brote detectado no centro afecta xa 61 internos, 13 empregados e faleceron dous maiores.

A Consellería de Política Social informou que o brote detectado no centro de maiores de Ribeira segue crecendo, debido a que hai dez traballadores máis que deron positivo en coronavirus, polo que xa son 13 empregados e 61 internos contaxiados.

Tal como informamos en O Barbanza houbo que lamentar a morte de dous maiores, de 69 e 87 anos que foran trasladados desde as instalacións ribeirenses ao Cegadi, en Salgueiriños.

O centro ten prazas para 106 persoas e gran parte deles foron enviados a Santiago para poder prestarlles unha maior atención e, ao mesmo tempo, reorganizar o centro de Ribeira concentrando en distintas plantas aos contaxiados para poder illalos e separalos do resto de internos.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...