Falecen dous homes por COVID-19 procedentes da residencia de Ribeira. 66 positivos na residencia de maiores

12 Xaneiro 2021

O SERGAS informa a última hora da tarde da morte de dous homes procedentes da residencia de maiores de Ribeira. Trátase dun home de 87 anos e dun home de 69 anos. Os dous faleceron na residencia integrada CEGADI, procedentes da residencia de maiores de Ribeira.
A maiores morreron no CHUS outras seis persoas. Dous homes de 89 anos, dúas mulleres de 89 anos, unha muller de 87 anos e un home de 65 anos.

En Galicia faleceron hoxe en total 12 persoas pola COVID.

A residencia de Ribeira suma 44 casos máis e xa son 63 internos e tres traballadores contaxiados.

Máis da metade dos internos da residencia de maiores de Ribeira están contaxiados pola covid-19. O cribado realizado nas instalacións descubriu 44 novos casos, polo que a cifra total de maiores con covid elévase a 63, aos que hai que sumar os tres traballadores que tamén están infectados.

Todos presentan síntomas leves e moitos, tal como informamos en O Barbanza, foron trasladados ao Centro Galego de Desenvolvemento Integral ( Cegadi) en Salgueiriños en Santiago para prestarlles mellor atención, ao mesmo tempo que se reorganizan as habitacións do xeriátrico ribeirense para poder ter illados correctamente ao resto de enfermos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Recreación histórica” – Xulio Xiz

“Recreación histórica” – Xulio Xiz

As festas de recreación histórica están de  moda. Algunhas, coma o Arde Lucus, permiten a unha cidade reivindicar con entusiasmo feitos do pasado, conseguindo difícil unanimidade arredor dunha historia, lenda ou idealización. O mesmo acontece con labores extintas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.