En febreiro comeza a formación do plan de emprego de Boiro para un centenar de mulleres

28 Xaneiro 2021

O Concello de Boiro vén de compartir os seguintes pasos a dar polo seu Plan Integral de Emprego 2020-2021, que é un dos sete plans integrais do ámbito galego, arestora activos, para incrementar a formación da cidadanía e fomentar a contratación. O programa boirense, exclusivamente dirixido a mulleres inscritas como demandantes, deixou atrás a primeira fase de selección, que se saldou con 100 participantes. A día de hoxe, con todas as prazas cubertas, están en marcha os detalles finais da formación que comezará o mes de febreiro.

O plan boirense, que conta con financiamento da Xunta de Galicia e do Servizo Público de Emprego Estatal para a súa execución, achegará ás participantes coñecementos, recursos e habilidades para reforzar o seu obxectivo de atopar unha saída profesional acorde cos seus obxectivos individuais e preferencias profesionais.

A formación comezará no mes de febreiro e consta de distintos módulos. O primeiro dos que se vai impartir, que será de xeito telemático debido á situación sanitaria, é o de Operacións Auxiliares de Servizos Administrativos, e que forma parte da formación certificábel para o emprego.

O programa inclúe outros módulos específicos de turismo, administración e xestión e industria alimentaria de produción e envasado.

Ademais deste labor específico de adestramento, o programa consta de actividades formativas transversais como son o manexo de ferramentas ofimáticas, Internet e redes sociais ou manexo de ferramentas TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación), e tamén obradoiros para mellora de habilidades necesarias para a busca de emprego ou o fomento da capacidade emprendedora.

O Concello explicou que a formación vaise levar a cabo entre os meses de febreiro e outubro no Centro de Formación de Espiñeira.

Con esta iniciativa, o Concello de Boiro “aposta pola formación para o emprego nos principais sectores produtivos da comarca e o municipio como piar do desenvolvemento económico local”.

Outros artigos

Incidencias en Ribeira coa limpeza de via e incendio en Boiro

Limpeza de vía por vertedura de aceite hidráulico dun tractor na DP-7503, no concello de Ribeira Os bombeiros do parque Provincial de Boiro acudiron esta mañá, arredor das 12:10 horas, a unha intervención por vertedura de aceite hidráulico dun tractor...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Del veraneo a las vacaciones”. Javier García Sánchez

“Del veraneo a las vacaciones”. Javier García Sánchez

En mis recuerdos está más que presente el modo conel que se nos premiaba al final del curso escolar yque todos conocíamos como veranear. Eran variosmeses de veraneo de infancia y juventud quediscurrían en una de las playas más emblemáticas.En mi caso la que se conocía...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.