En Esteiro- Boiro eliminado un punto de vertido de augas residuais

09 Xaneiro 2021

A Xunta vén de eliminar un punto de vertido de augas residuais en Esteiro, no Concello de Boiro.
Os técnicos do Plan de Control de Vertidos, desenvolvido por Augas de Galicia, identificaron o foco contaminante no marco de inspeccións rutineiras.
As analíticas efectuadas no punto amosaron a presenza de contaminación de orixe fecal nas augas que desaloxaba a rede á ría de Arousa, no entorno da praia da Ribeira Grande.
A problemática identificada foi posta en coñecemento do Concello de Boiro, ao que se lle solicitou a recondución dos aportes contaminantes cara á rede de saneamento.
Nunha recente visita levada a cabo na zona, os inspectores autonómicos verificaron o cese das emisións contaminantes a raíz das accións correctoras levadas a cabo por parte do Concello de Boiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.