En Boiro o aparcamento municipal da Praza de Galicia será gratuíto polas tardes a partir do luns

30 Xaneiro 2021

O Concello de Boiro, debido á situación de restricións decretadas para o
control da situación epidemiolóxica, modifica o horario de apertura do
aparcamento municipal da Praza de Galicia. As instalacións estarán abertas,
de xeito ininterrompido de 7.00 a 21.00 horas, pero entre as 15.00 e as 21.00
horas será gratuíto a partir do luns.
O aparcamento funcionará con normalidade pola mañá e estará aberto
dende as 7.00 horas para dar servizo ás persoas traballadoras do Mercado
Municipal e que fan uso das instalacións. A partir das 15.00 horas as barreiras
do aparcamento estarán abertas e o servizo será gratuíto ata as 21.00 horas,
para dar servizo ás persoas que mercan en supermercados e outros
establecementos abertos da contorna.
A situación excepcional durará mentres se prolongue esta situación de
medidas de prevención específicas como consecuencia da situación
epidemiolóxica en Galicia, que limita o horario de apertura dos comercios ás
18.00 horas.
O aparcamento de A Boqueira de A Negral manterá o mesmo horario
que tiña ata o de agora, aberto de xeito ininterrompido e gratuíto entre as 10.00
e as 20.30 horas.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.