Emotiva despedida a José Ángel López Martínez, Joseiño

18 Xaneiro 2021

Con aforo limitado a Igrexa Parroquial de Santa Uxía de Ribeira acolleu esta tarde o funeral en memoria de  José Ángel López Martínez, Joseiño, falecido pola COVID-19 na Residencia de Maiores de Ribeira.

O funeral, celebrado polo párroco Alfonso Mera, foi organizado polo “Pobo de Ribeira”, tal como figura na esquela.

Ao final do funeral leeu un texto Manuel Ángel, actual adestrador do Cidade de Ribeira e cunha gran trayectoria no futbol rexional, unhas palabras moi emotivas dedicadas a José que foron moi aplaudidas polos asistentes. No texto Manuel Angel rematou decindo “sei que agora estarás ben acompañado por Mariscal facendo o ben que ti sabes no ceo” en referencia a o xugador do equipo falecido hai uns anos. Mariscal foi un mozo que morreu con apenas trinta anos, tamen do Ribeira e da Peña madridista Amancio.

A canción que acompañaba ao vídeo é: My Inmortal, de Evanescene

Joseiño era unha persoa moi querida en Ribeira, sempre estivo vinculado o mundo do fútbol e o Atlético de Ribeira do que foi masaxista entre outros equipos. D.E.P.

O final da celebración proxectaronse imaxes de Joseiño ó longo da súa vida como membro do equipo do Atlético de Riveira.

Emotivo video realizado polo Cidade de Ribeira proxectado durante o funeral a Joseiño

Artigo publicado en O Barbanza en homenaxe a Joseiño realizado por Pedro Pérez Villar e que tivo grande repercusión.

Outros artigos

Aguiño rende culto á navalla na súa décima festa gastronómica

A lonxa de Aguiño converteuse este domingo no epicentro gastronómico do Barbanza coa celebración da X Festa da Navalla. Centos de persoas achegáronse ata as inmediacións do recinto portuario para degustar un total de 600 quilogramos deste bivalvo, despachado á prancha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.