Convocadas na Pobra as axudas ao transporte para a mocidade estudante do concello

11 Xaneiro 2021

O Concello da Pobra do Caramiñal convocou unha liña de axudas económicas para a mocidade estudante do termo municipal, co fin de achegarlles un apoio para os seus desprazamentos aos centros de ensino ao longo do curso académico 2020-2021. A contía total destinada a estas achegas establécese en 7.500 euros. O Concello confirmou que o importe máximo para cada persoa beneficiaria oscila entre os 100 e 150 euros, dependendo da distancia ó centro de estudos.

A Administración local pretende así “colaborar economicamente coas familias de menor renda para a realización de estudos oficiais, empregando estas axudas”.

O prazo para a presentación das solicitudes será de 15 días hábiles dende o día seguinte ó da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, neste 11 de xaneiro.

As persoas que concorran deben de cumprir os requisitos que se detallan na convocatoria e poderán ser beneficiarias as/os estudantes que estean realizando algún dos seguintes estudos: ensinos universitarios adaptados ó Espazo Europeo de Educación Superior conducentes a títulos oficiais de grao e de mestrado (master); ensinos universitarios conducentes aos títulos oficiais de licenciatura, enxeñaría, arquitectura, diplomatura, mestre/a, enxeñaría técnica e arquitectura técnica; complementos de formación para o acceso ao mestrado, grao ou para proseguir estudos oficiais de licenciatura; ensinos da formación profesional; ensinos da educación especial; ou bacharelato para opcións non ofertadas nos centros da Pobra do Caramiñal ou que non dispoñan de prazas vacantes.

A convocatoria das ditas axudas está publicada na páxina web do Concello, ademais de se indicar a documentación que se debe presentar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.