Convocado o III Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade

20 Xaneiro 2021
SANTIAGO DE COMPOSTELA 12,00 h.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a escritora Fina Casalderrey presentarán en rolda de prensa o III Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade, convocado por Baía Edicións. No Pazo de San Roque (rúa San Roque, 2). foto xoán crespo 18/01/2021

O Pazo de San Roque en Santiago acolleu este 18 de xaneiro a presentación da terceira edición do Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade, destinado a promover o pulo creativo que pon o foco na nenez e, tamén, nas historias non sexistas e libres de prexuízos e de estereotipos para a nenez.

Na presentación participaron Belén Lopez e a escritora Final Casalderrey, amais do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, quen explicou que o Goberno galego apoia esta iniciativa co fin de promover nas novas xeracións “a igualdade de xénero e a lectura en galego, pero tamén contribuír a que a lingua propia de Galicia siga acompañando sempre os valores máis democráticos e máis positivos da sociedade”.

Neste sentido, Valentín García fixo tamén referencia a Fina Casalderrey, autora que lle dá nome ao premio, e á súa traxectoria “sempre comprometida con estas tres cousas: a literatura infantil e xuvenil, a lingua galega e os valores de igualdade”

Os autores e autoras que queiran participar neste certame terán ata o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, para presentar orixinais escritos en galego de non máis de 5.000 caracteres que atendan ao concepto de literatura infantil, non sexista e co-educativa e que introduzan elementos críticos que cuestionen o modelo social sexista dominante.

A resolución do xurado darase a coñecer o 1 de xuño de 2021 e a obra gañadora, que será publicada por Baía Edicións, recibirá 2.500€.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

No colexio, na piscina, no ximnasio, nunha excursión polo campo ou dentro do propio núcleo familiar, que muller non sufriu algún acoso ou agresión de tipo sexual? Eran outros tempos, din algúns. A pesar de todo, actualmente, unha gran parte da sociedade segue mirando...

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.