A hostalería queda limitada en Santiago. Peche perimetral de Galicia ata fin de mes e control co norte de Portugal

08 Xaneiro 2021

A actividade da hostalería queda limitada en Santiago, A Coruña e Ourense ata as 18,00 horas, pero no caso da capital galega –que ve ampliado o seu peche perimetral aos municipios de Teo e Ames– só poderán abrir as terrazas. Todas estas medidas publicaranse no Diario Oficial de Galicia de hoxe e entrarán en vigor ás 00,00 horas do sábado.

Santiago pasa ao nivel máximo de restricións, de forma que unicamente poderase servir en terrazas con grupos dun máximo de catro persoas. Pola súa banda, nos casos da Coruña e Ourense, a actividade reducirase ao 30% en interiores e ao 50% no exterior, tamén con máximos de catro persoas.

Por outra banda Galicia permanecerá pechada perimetralmente ata finais do mes de xaneiro, período no que se intensificará o control da fronteira co norte de Portugal ante a situación epidemiolóxica desta rexión do país luso. Trátase dunha das medidas acordadas no subcomité clínico para a xestión da pandemia en Galicia, que na súa reunión deste venres decidiu ampliar ata final de mes o peche perimetral da comunidade que estaba decretado ata o 11 de xaneiro.

O vindeiro martes haberá unha nova xuntanza, neste caso do comité clínico onde se poderían tomar novas medias na hostalería, ante a evolución da situación actual.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

La crisis de Ceuta fue analizada desde muchos ángulos, pero la rabiosa actualidad obliga a volver sobre ella porque deja enseñanzas que, como ciudadanos, debemos conocer. Primero, la entrada masiva en Ceuta, más que un episodio migratorio, es un drama humano de miles...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.