A aula CeMIT de Boiro confirma que achegará teleformación para obtermos a certificación de competencias dixitais

28 Xaneiro 2021

O Concello de Boiro, a través da aula CeMIT local para a dinamización e alfabetización tecnolóxica da cidadanía, vén de ofertar a formación precisa para obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática. O Diario Oficial de Galicia publicou este 28 da xaneiro a convocatoria e as bases do curso de teleformación que se vai impartir mediante a rede de centros CeMIT da xeografía galega, da que forman parte a aula do Centro Social de Boiro, e tamén as de Ribeira, a de Porto do Son e a de Noia.

O Concello de Boiro explica que formación acredita os coñecementos, capacidades e aptitudes no ámbito da tecnoloxías da información e as comunicacións que as persoas precisan para desenvolverse con eficiencia no manexo de aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación e que constitúen o Plan formativo ofimático de Galicia.

O contido do curso está composto por temario sobre sistema operativo e busca da información, manexo de aplicacións informáticas de tratamento de texto en LibreOffice Writer, aplicacións informáticas de follas de cálculo en LibreOffice Calc, aplicacións informativas de bases de datos relacionados en LibreOffice Base e aplicacións informáticas para presentacións.

A modalidade do curso vai ser de teleformación asesorada a través da plataforma EMA da rede CeMIT e a duración da mesma será de 12 semanas, entre o 1 de marzo e o 28 de maio. O número de prazas ofertadas é 180 e o prazo de inscrición comeza o día 29 de xaneiro e pode facerse a través da web cemit.xunta.gal. Máis información na aula de Boiro, de xeito presencial no Centro Social da vila, no enderezo electrónico axentetic@boiro.org ou no teléfono 981 84 26 35.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.