Unha trintena de fogares de Boiro e Lampón participan no programa de compostaxe doméstica

17 Decembro 2020

O Concello de Boiro esta adherido ao plan de compostaxe domestica que promove a sociedade medioambiental SOGAMA e que ten como obxectivo estender as practicas de autocompostaxe nas vivendas do municipio para lograr unha xestión máis sustentábel. O Goberno boirense informou de que unha trintena de veciños das parroquias de Boiro e Lampón participan este ano neste programa. Tamén pon o foco nos beneficios desta práctica, que reduce a cantidade de materia valorizábel que se deposita no contedor xenérico (no municipio xéranse anualmente máis de 6.000 toneladas de residuos que van ao contedor xenérico, das cales un 40% son materia orgánica).

Este programa, impulsado pola Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Boiro e promovido por SOGAMA, vén a dar continuidade ao que xa se levou a cabo o ano pasado nunhas trinta vivendas unifamiliares dos núcleos de Abanqueiro e Cespón e co que se pretende fomentar esta práctica nos fogares. A primeira experiencia deste programa “foi moi positiva”, explica o Concello, engadindo que “os trinta composteiros entregados deron servizo a un total de 86 persoas” e que “estes acubillos supuxeron un aforro na xestión entre 600 e 800 litros de desperdicio por familia ao ano”.

A entrega de composteiros estase a facer nestes dias as persoas inscritas no programa. Por motivos de seguridade debido a situación sanitaria na que se atopa o municipio, a entrega estase desenvólvese de xeito individual. As familias inscritas reciben información sobre o seu uso e, os técnicos, farán un seguimento do mesmo durante un ano.

O Concello lembra que quedan aínda caro composteiros dispoñíbeis para familias que aínda queiran participar no programa, que deben poñerse en contacto co departamento de Medio Ambiente do Concello de Boiro.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.