Unha feira, música, teatro e concursos entre as actividades do Nadal pobrense

17 Decembro 2020

A Pobra do Caramiñal configura de cara ao Nadal unha programación composta por teatro, concursos ou unha feira, entre outros, dando cumprimento ao protocolo e as medidas fronte ao coronavirus. Así o anunciaron o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra); a concelleira da Promoción Económica e da Igualdade, Charo Varela (Nós Pobra); e a súa homóloga da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE).

Presentación programación Nadal 2020 da Pobra

As propostas xa arrancaron a finais de novembro coa primeira edición do
Concurso de Embelecemento de Balcóns e Fachadas, co cal se pretende
incrementa-la ledicia e vistosidade das rúas. Unha convocatoria que conta cun total de 35 fogares inscritos, con representación de todo o termo municipal. O resultado deste concurso darase a coñecer no 22 de decembro e establécese un premio por parroquia, consistente nunha cesta composta de produto local, contribuíndo á dinamización e posta en valor do comercio de proximidade.
Enfocada neste último aspecto tamén botou a anda-la campaña Raña e gaña no 28 de novembro e, polo de agora, repartíronse máis de 50 000 rascas e máis de 400 agasallos. Entre eles destacan produtos e servizos do máis variado nos distintos establecementos participantes e premios das empresas colaboradoras.
A edil Charo Varela cualificou esta campaña como “todo un éxito” e incidiu en que “está xerando moitísima ilusión, tanto nos comerciantes coma nas persoas consumidoras.”
Na xornada de mañá, venres 18, o Elma albergará a actuación de Broken
Peach, a partir das 20.00 horas, se ben a apertura de portas terá lugar ás 19.15 horas. As persoas que desexen asistir deberán reserva-la súa entrada de balde a través do teléfono de contacto 678998247. Así mesmo, Papá Noel iniciará a súa visita aos colexios da infantil e da primaria do municipio, e continuará coa súa peregrinaxe no luns 21. Preténdese así achegar esta figura, de grande importancia para as crianzas, mediante unha recepción individualizada, e incluso terán a oportunidade de sacar unha foto para a lembranza. No día 18, Papá Noel estará nos colexios do Campo, Pilar Maestú Sierra, A Granxa e Monte Carmelo, mentres que no 21 será a quenda do Salustiano Rey Eiras, Fernández Varela e Vilariño.
Entre os días 23 e 27 de decembro transcorrerá unha feira con temática propia destas datas na praza Alcalde Segundo Durán (praza Maior). Estará integrada por arredor de 20 postos e contará con animacións de diversa índole. Estableceranse circuítos de entrada e saída, así como zonas de desinfección.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.