Pouco despois das cinco e media da tarde o 112 informa dun accidente de tráfico á altura da parroquia sonense de Xuño e no que resultou ferida unha muller. O O suceso tivo lugar ao chocar un autobús que cobre a liña Noia -Ribeira e que neses momentos circulaba sen pasaxeiros, e un turismo. Ao lugar do sinistro desprazáronse unha dotación do parque de bombeiros de Ribeira, a agrupación de voluntarios de Protección Civil e Policía Local da localidade sonense e un grupo de emerxencias do 112. Os efectivos do parque comarcal servíronse dunha pata de cabra para poder abrir a porta e sacar á ferida, que recibiu atención médica e foi evacuada ao centro médico.
