Titiribeira encherá de teatro, monicreques e creatividade os centros culturais de Rianxo

17 Decembro 2020

O Festival Titiriberia de monicreques e teatro celebrará en Rianxo entre o 22 e 30 de decembro a súa quinta edición, que vén cun programa descentralizado e diverso, con actividades seguras e controladas a celebrar en varias localizacións do termo municipal: o Auditorio Municipal, a Casa de Cultura Cuartel Vello, os soportais da praza Castelao e os centros socioculturais e deportivos de Atalaia-Asados, Araño e Taragoña. As accións programadas poderanse seguir integramente a través da Rede, co fin de garantir o control sanitario ao tempo que se garante o acceso do público ás actuacións.

O Festival Titiriberia é organizado pola Asociación Morreu o Demo coa colaboración do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña.

En total, unha ducia de funcións conformarán o programa deste ano no que tamén se inclúen mesas redondas, exposicións e obradoiros, como por exemplo obradoiro sobre teatro de máscaras do que falamos onte en O Barbanza.

Ao longo dos sete días presenciais que durará o festival, pasarán por Rianxo compañías como Viravolta Títeres, Diáspora Teatro, Seisdedos Marionetas, Fantoches Baj, Títeres Cascanueces, Xirapaus ou a Cova das Letras, o colectivo Indignati Asociación Galega de Commedia dell’Arte, artistas como Fran Rei, Borxa Insua, Iria Pinheiro, Lucho Penabade, Tero Rodríguez, Borxa Insúa e Esther Carrodeguas, ou grupos de música como Áureas.

O programa

A programación comezará o martes 22 de decembro, da man da
compañía Viravolta Títeres, que ofrecerá no Centro Sociocultural A capela do Araño dous pases (ás 17.00 e ás 19.00) do seu espectáculo O horroroso crime de Xan Miñoca, espectáculo de monicreques de cachaporra con música de piano en directo. Será ese o inicio dun programa que, entre os seus pratos fortes, conta con As varietés do Barriga Verde, un formato multidisciplinar que mestura os bonecos co cabaré, a música, a poesía ou o escapismo. Así, o último día do Titiriberia, o 30 de decembro ás 20.00 h., no Auditorio Municipal de Rianxo actuarán Esther Carrodeguas, Tero Rodríguez, Lucho Penabade, Pajarito, María Dobronich, Borxa Ínsua e Lázaro Duyos. As varietés de Barriga Verde estará conducido por Iria Pinheiro e contarán co acompañamento escénico-musical do grupo Áureas.
Commedia Dell’Arte e a cachaporra
Nesta edición, terá unha interesante presenza a commedia dell’Arte, xénero
teatral que protagonizará diferentes aspectos do programa. Deste xeito, o actor, director e profesor na Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) ofrecerá a conferencia Commedia dell’Arte: artesanía teatral, o sábado 26 de decembro ás 19.30 no Centro Sociocultural A capela do Araño. O propio Llera impartirá, por outra banda, un Obradoiro de iniciación á commedia dell’arte os días 26 e 27 no mesmo recinto.
Outra das actividades que destacan da programación é a mesa redonda que
terá lugar o vindeiro 28 de decembro ás 20.00 h. no Auditorio de Rianxo que, baixo o título A innovación da Cachaporra. Novos xeitos para traballar a tradición, reunirá a Santi Prego, Inacio Vilariño e Alba Grande. Moderada por Comba Campoi, a mesa se centrará na tradición e na innovación no histórico xénero da cachaporra.

A edición rianxeira

Nesta edición de 2020, a primeira que se celebrará en Rianxo tras catro anos no municipio de Teo, o Titiriberia incluirá unha programación cuxo obxectivo principal será, un ano máis, “achegar ao público a longa tradición do títere tradicional, xénero escénico cun gran arraigamento histórico na cultura galega”. Neste ano tan insólito e complexo por mor da pandemia, o festival adaptarase ás circunstancias, cumprindo co máximo rigor con todas as medidas sanitarias en canto á protección individual e a limitacións de aforos. Ademais, para garantir o máximo acceso posíbel ao público, poderase seguir pola rede o conxunto da programación a través da canle https://www.youtube.com/user/morreuodemo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...