Sobre o Brexit e a pesca:”Imos contar mentiras”. Antón Luaces

27 Decembro 2020
Antón Luaces

​As vellas verbas sempre pronunciadas: anuncio, acordo, cambios, mariñeiros, frota, estocks, mariñeiros, efectos… para non dicir nada. Para calar decisións, para anunciar cambios que non se van producir -disque-, para que os efectos na frota comunitaria española aparezan como non prexudiciais para os mariñeiros e que todo, como a vida mesma, siga igual que na canción de Raphael.

Pero Galicia dí por boca da Consellería do Mar, que constata que o acordo sobre o Bréxit é un “duro golpe” para o sector pesqueiro. Fala tamén de que se recurtan posibilidades de captura nos vindeiros seis anos e que a vixencia do tal acordo -ata o de hoxe gardado baixo sete chaves- remata en 2026, ano no que se producirán novos contactos para definir a relación co Reino Unido de cara ao futuro. Para a Xunta a lectura que fai o Goberno do Estado sobre o resultado das negociacións  é “demasiado triunfalista, pouco realista e curtopracista”. Coinciden, sen embargo, co sector na necesidade de que o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación convoque canto antes ás comunidades autónomas con intereses pesqueiros e aos representantes  da frota para lles explicar en detalles o acordo e as claves da súa aplicación. O Ministerio, pola súa banda,  afirma que o acordo dota de estabilidade ao sector pesqueiro porque porque a frota española vai continuar  a súa actividade en augas británicas en condicións semellantes ás de hoxendía. Consola saber que as reducións terán efectos limitados -iso dí o ministro- para o sector pesqueiro, que seguirá a contar con cotas axustadas ´ñas súas necesidades xa que o acordo non afecta aos stocks do sur onde figurfan especies da importancia que teñen para a frota de baixura galega como a xarda, o xurelo ou o lirio. Tamén dixo o ministro Planas que non existen cesións en espexcies de augas profundas coma o ollomol, o alfonsino, o sable negro ou o granadero. Na pescada  norte mantense a cota cunha baixada de apenas  o un por cento en 2026. Pero o Reino Unido incrementarás as súas cotas de pesca, penso eu, si como dixo o representate do Goberno serán dun 25% do valor medio nese mesmo ano 2026.Quen garda un as na manga?… Porque o que está nídiamente explicitado é que o Reino Unido vai quedarse co 25% das cotas das súas augas territoriais cinco anos e medio. O impacto en primeira venda significa para Galicia botar polo mar abaixo  perto de 200 millóns de euros tendo en conta os valores  acadados en 2019 por especies coma o peixe sapo (rape), a pescada, o rapante, a raia, a xarda, o xurelo, a cigala, o badeixo, o lirio e tantas outras especies que se valoraron e aínda valoran na Política Pesqueira Común (PPC).

Longas e complicadas negociacións que o que sí deixan claro é que a Unión Europea estará conformada o 1 de xaneiro próximo e a todos os efectos por 27 Estados membros, que o Reino Unido en materia de pesca non vai perder nada (o que significa que perderán países como España, Francia e Holanda) e que se adoptarán medidas de carácter provisorio para evitar unha desconexión desordenada na nova Unión Europea, un bloque comunitario do que xa non formará parte o xa “divorciado” Reino Unido, Estado que, en materia pesqueira -coma noutras- foi o que puxo máis atrancos ó primeiro Estado pesqaueiro de Europa, España, dende que esta pasou a formar parteda Unión en 1986.

O acordo acadado, alomenos para min, non aporta ningunha claridade sobre o futuro do sector pesqueiro español.

Outros artigos

“Fillos da máquina”. Luís Celeiro

Era tan grande que non se vía. Ocupaba a sombra toda e, ao mirala, era de noite seguido. Non se víanada. Pero, aquel amigo tiña consigo unha teima teimuda, pensaba na ciencia, miraba para astradicións e os costumes, sacaba o bico pola galería de madeira e, ao chegar a...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

Non me refiro, claro está, ás vilas do homónimo título de Ítalo Calvino. En Galicia, porén, temos vilas invisibles: as do territorio do mito, como a Antioquía da Limia, mergullada pola lagoa Antela. O resto, dirán vostedes, continúan a estar ben visibles perante nós,...

“Alfredo Conde, señor de Brión”. Xosé Perozo

“Alfredo Conde, señor de Brión”. Xosé Perozo

A tropa habitual da Asociación de Periodistas de Galicia e acompañantes o pasado martes fómonos ata Brión para arroupar a Alfredo Conde na entrega do XI Premio José Luis Alvite de xornalismo. El vive por aquelas fermosas terras de Santiago e asegura que é o lugar onde...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.