Seis falecidos en Galicia pola COVID-19, un no CHUS, neste martes

29 Decembro 2020

A Consellería de Sanidade notificou este martes outros seis falecidos con coronavirus na comunidade, co que o total de mortes vinculadas á pandemia ascende a 1.386.
tres dos seis falecidos atopábanse ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo: unha muller de 94 anos, unha muller de 83 e un home de 49 anos. Todos tiñan patoloxías previas de base.

Do mesmo xeito, faleceu un home de 86 anos no Hospital de Ferrol, unha muller de 93 anos no Hospital Clínico de Santiago e un home de 80 anos na residencia Vila do Conde de Gondomar (Pontevedra).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...