Rianxo en Común pide medidas urxentes para contribuír á recuperación do comercio local

11 Decembro 2020
Integrantes de Rianxo en Común nunha recollida recente de sinaturas

A agrupación Rianxo en Común que coordina Julián Bustelo vén de emitir un comunicado de urxencia no que se pide a reactivación da actividade municipal rianxeira, poñendo o foco en iniciativas de vital importancia para a cidadanía e o concello que dependen das áreas de Comercio, Desenvolvemento Local e Urbanismo. En concreto, no comunicado faise un chamamento directo ao Goberno bipartito formado polo BNG e o PSOE para que impulsen medidas eficaces que fortalezan o comercio local (que para Rianxo en Común sofre unha crise que xa vén de antes da COVID, “xa que entre o 2012 e o 2018 perdeu o 14% das empresas que o integraban”) e que dean o empurrón definitivo ao PXOM e o Inventario de Camiños Municipais.

A agrupación lembra no comunicado que xa pasaron seis anos dende a aprobación inicial do PXOM e que o Inventario de Camiños Municipais foi aprobado inicialmente en abril do 2016. Tamén recorda que as dúas iniciativas son “dúas prioridades ineludíbeis e necesarias para dar seguridade xurídica aos veciños e veciñas que levan anos esperando pola aprobación final destes documentos”.

Rianxo en Común sinala que “xa van alá 9 meses dende que a pandemia do coronavirus alterou as nosas vidas e truncou as expectativas empresariais de moitos veciños e veciñas, unha pandemia que supuxo, nun primeiro momento, o peche de moitos establecementos e que se dispararan as cifras do paro no noso municipio”. Para a agrupación, o Goberno rianxeiro “e nomeadamente a responsábel de comercio deu as costas ao sector comercial e hostaleiro do municipio, e a diferencia de concellos da contorna, non adoptou nin unha soa medida para facer fronte ás perdas provocadas pola crise do coronavirus e para reactivar a economía”.

Rianxo en Común tamén critica que malia “que o Goberno anunciase unha partida de 40.000€ para cubrir os gastos derivados da instalación de medidas de protección nos establecementos do municipio mediante a concesión de axudas por un importe de 500€, o anuncio nunca se cumpriu”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“No lo entiendo, no lo comparto y soy opuesto” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...