Rianxo acolle o día 19 a Gala dos Premios Barbantia da Cultura 2020

A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Rianxo van organizar este 19 de decembro a catorce edición da Gala dos Premios Barbantia da Cultura, convocatoria 2020. O acto será ás 12.30 horas, no Centro Sociocultural do Auditorio de Rianxo. As e os galardoadas/os daranse a coñecer o sábado, 12 de decembro unha vez realizado o escrutinio dos votos dos socios e socias de Barbantia.Durante a gala farase a presentación do Anuario de Estudos do Barbanza 2020 e o número 160 do suplemento cultural A Voz de Barbantia.

A gala estará dirixida polo comunicador e presentador Duarte Galbán.

Segundo fan saber as ditas entidades, debido ás medidas preventivas contra a COVID-19, é obrigatoria a reserva de localidades en auditorio@concelloderianxo.gal, do 10 ao 17 de decembro. É necesario indicar no corpo do correo e para todas as persoas para quen se solicita: nome completo, apelidos, teléfono e, de ser o caso, se son convivintes. A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde o correo do auditorio.