Puño Puñete e Os golfiños e o xigante chegan a vindeira semana ao Elma (A Pobra)

18 Decembro 2020

A programación teatral para esta tempada de outono/inverno organizada pola Concellería da Cultura da Pobra do Caramiñal ofrece os vindeiros días as representacións teatrais de Puño Puñete e Os golfiños.

Os espectáculos dirixidos ao público infantil e familiar adscritas ao Nadal Cultural, terán lugar no Teatro Elma, o vindeiro martes e mércores. Así, Baobab Teatro con Puño Puñete abrirá o martes 22, ás 18:30 horas, cunha representación poética que promove a lingua galega, a través de palabras e música que rescatan ditos populares, refráns e poemas de Galicia.

Doutra banda, Os golfiños e o xigante, da man de Fantoches Baj, terá lugar o mércores 23, ás 18:30 horas. Trátase dun espectáculo de sombras chinesas que narra unha historia real extraída dunha nova que se fixo eco na prensa internacional.

As pezas teatrais serán representadas baixo as medidas implantadas por mor da COVID-19. Por iso, tódalas persoas que queiran asistir poderán facelo de balde con previa reserva na casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler ou a través do teléfono de contacto 981831545.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.