Pobra reinventa as propostas para os días 31 de decembro e 5 de xaneiro

30 Decembro 2020

Debido á situación sanitaria actual derivada da COVID-19, o Concello da Pobra do Caramiñal decidiu lanzar dúas iniciativas de cara ao día 5 de xaneiro e despedi-lo ano 2020.
Este ano non haberá a cabalgata dos Reis nin a recepción que estaba
programada, polo cal a concelleira da Promoción Económica, Charo Varela (Nós Pobra), anunciou que se formulan, como alternativa, videochamadas coas súas maxestades os Reis do Oriente. Deste xeito, manifestou que a idea é que cada nena ou neno elixa se quere falar con Melchor, Gaspar ou Baltasar. Para facelo, deberanse rexistrar na páxina web www.apobrasegura.org ata o 3 de xaneiro.
Tal e como indicou, “despois desa comunicación cos Reis van consegui-los
mellores regalos e, sobre todo, moitísimo agarimo por parte deles.”
Ademais, para despedir este 2020, a edil dos Servizos Municipais, Estefanía
Ramos (Nós Pobra), animou a cidadanía a colgar nas súas redes sociais un
vídeo ou unha imaxe acompañada do cancelo #APOLO21APobra felicitando o novo ano ás veciñas e veciños. Unha maneira diferente de “seguir estando
xuntos.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.