Os socialistas piden transparencia en relación á recuperación do Peirao da Covasa

18 Decembro 2020

Ao fío das noticias recentes nos medios sobre unha futura reconstrución do Peirao da Covasa no municipio de Ribeira, coñecido como Muelle Fenicio de Aguiño, o PSdG-PSOE local, a través do seu concelleiro e portavoz José Vilas, presentará ao pleno da Corporación un rogo sobre os detalles do proxecto.

Os socialistas lembran na súa petición que o Muelle Fenicio foi obxecto dun acordo municipal o 27 de xullo de 2015, a instancias dunha proposta do PSdG de Ribeira, destinado a coñecer polo miúdo os elementos do peirao ciclópeo e, mediante unha memoria descrita e construtiva, paliar o seu deterioro.

No rogo presente, os socialistas piden que o alcalde “informe de xeito veraz sobre a situación do expediente actual de restauración do peirao, e dos pasos seguidos até o de agora, dende o acordo plenario no seu día”.

Tamén se preguntará ao Concello “que medidas vai tomar ante a noticia das alegacións presentadas por un arqueólogo trala exposición pública do proxecto da Demarcación de Costas de Galicia para a

dita restauración, consolidación e posta en valor do peirao”. Asemade, os socialistas queren saber “se se vai facer o traballo previo de investigación histórica, se o Concello ten datos fidedignos sobre a realización da obra e, tamén, a quen corresponde realizar o estudo histórico”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Mis últimas cartas” – Manuel Domínguez

“Mis últimas cartas” – Manuel Domínguez

Mis últimas cartas fueron dirigidas a tres personas. El senador Bernie Sanders, acabo de recibir su biografía 540 páginas de lucha por una sociedad más justa, y lleva así una vida entera. Le he mostrado mi admiración, y animarle a que no desfallezca en esa lucha, él...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.