Os comercios da Pobra reciben material decorativo do obradoiro A creatividade na diversidade

21 Decembro 2020

As persoas participantes no obradoiro A creatividade na diversidade procederon a entregar en varios comercios do municipio da Pobra os trasniños do Nadal con que decorar os seus locais. O reparto continuará nos vindeiros días en máis establecementos.

Esta actividade enmárcase no referido taller organizado pola Concellaría dos Servizos Sociais da Pobra do Caramiñal, que está dirixido a adolescentes con diversidade funcional co obxectivo de incentivar as habilidades sociais mediante a creación artística e atendendo a temática propia destas datas.

Tal e como expuxo a edil Amparo Cerecedo (BNG), a día de hoxe, a lectura que se fai deste é “moi positiva”, pois, segundo manifestaron as persoas usuarias e o seu contorno familiar, resulta unha experiencia motivadora.

Seguindo as medidas implantadas por mor da COVID-19, as clases impártense nas aulas da confraría pobrense os luns, mércores e venres deste mes de decembro, en horario de 16.00 a 19.00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.