O Rotogal Boiro gaña por 3 – 0 ó Textil Santanderina

07 Decembro 2020

Os de Emilio Palacios gañaron por 3 – 0 ó Textil Santanderina este sábado na Cachada. O Rotogal saíu moi forte ao partido, despois da anterior derrota contra o Teruel. De feito, o primeiro set gañouno por 25 – 17. O segundo e o terceiro, tamén foron na mesma liña. A lesión de Unai Larrañaga mudou o partido. Os de Boiro aproveitaron a ocasión para meterlles un parcial de 5 – 0 e gañar o encontro.  

Gastar Bitar foi o MVP da 12ª xornada da Superliga debido a súa actuación no partido. Marcou 7 puntos (49% de eficacia ofensiva).  

O Rotogal queda así a 2 puntos de xogar a Copa do Rei. O mércores disputará o seu último partido da primeira volta. Os 8 primeiros clasificados xogarán a Copa. Non é doado pero veremos se os de Boiro o logran. Para iso, deberán loitar pola última praza en Lugo, este mércores, contra o Emevé.  

Rotogal

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.